lunes, 22 de junio de 2020

CUADERNOS DE VERANO


Se adjuntan dos documentos con cuadernos de verano de Lengua y de Matemáticas:

CUADERNO VERANO LENGUA

CUADERNO VERANO MATEMÁTICAS



Tal y como indicamos son totalmente voluntarios con la única finalidad de que repasen los contenidos del curso.


miércoles, 10 de junio de 2020

RECOLLIDA DE MATERIAL E BOLETÍN DE NOTAS


O próximo MÉRCORES DÍA 17 é o día acordado para recoller o material que quedou no colexio, así como o boletín de notas.

Polo tanto, varios aspectos:

-O horario será dende as 10.00 ata as 14.00 , aínda que no caso de que algunha familia non poida ir nesa franxa horaria, buscamos unha alternativa. Na medida do posible, iremos canalizando franxas aproximadas para cada familia.

-O alumnado de terceiro NON terá que devolver os libros ata o mes de Setembro, agás o de Música que SI que se debe devolver agora.

-A carpeta de Inglés queda no colexio para o vindeiro curso.

-Recoméndase ás familias que leven unha bolsa para o material.


Finalmente recordamos que é necesario cumprir todo o establecido pola normativa actual en canto ao uso de mascarillas no centro educativo.




lunes, 1 de junio de 2020

REPASO LENGUA Y MATEMÁTICAS

Se envía en un único documento un breve repaso de Lengua y Matemáticas con lo siguiente:


-Iniciación breve con explicación sencilla de los determinantes demostrativos y posesivos.

-Actividades de comprensión lectora.

-Actividades de expresión escrita.

-Actividades de cálculo.




ACTIVIDADES REPASO




Serán las últimas actividades que se envíen en este curso escolar, teniendo en cuenta a mayores que se enviará un cuadernillo voluntario para aquellos que quieran realizar actividades en verano.

sábado, 16 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Mañá celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e dende aquí adxuntamos o link da biblioteca do noso centro cun libro dos Bolechas sobre Ricardo Carvalho Calero , autor homenaxeado neste ano, ademais dun interesante xogo...






https://biblosalvador.blogspot.com/2020/05/17-de-maio-dia-das-letras-galegas.html?m=1

XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS PARA TEMPOS DE RECOLLIDA


Adxuntamos un enlace acerca de diferentes xogos tradicionais galegos para todos aqueles que teñan interese neles.

http://xogos-tradicionais-corentena.weebly.com/



jueves, 14 de mayo de 2020

VÍDEOS SOCIAIS - SECTORES DE ACTIVIDADE


Adxúntanse vídeos sinxelos dos tres sectores de actividade para completar o que enviamos previamente, para aqueles que o consideren:


SECTOR PRIMARIO

https://www.youtube.com/watch?v=INY7f3T3v1w



SECTOR SECUNDARIO


https://www.youtube.com/watch?v=bndRw2TMtmQ



SECTOR TERCIARIO

https://www.youtube.com/watch?v=ufk9Y3hjFws


Os vídeos están neste caso en castelán e a maiores ao rematar cada un deles, pódense ver vídeos máis detallados ao rematar cada un deles.

martes, 12 de mayo de 2020

DÍAS DAS LETRAS GALEGAS



Este domingo, día 17 de MAIO, correspóndese co tradicional DÍA DAS LETRAS GALEGAS, no que se pon en valor a nosa lingua, as nosas costumes, as tradicións dos galegos e como non, aspectos de carácter social e cultural, é dicir a celebración do noso papel como galegos, do cal debemos estar máis que orgullosos.

É unha celebración instituida en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou polo seu defensa de devandita lingua. Cada ano dedícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos dez anos desde o seu falecemento. 

A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares galegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacimiento cultural do galego. É festivo en Galicia.



Deste xeito, todo aquel que queira dun xeito voluntario pode facer un pequeno debuxo ou texto no que poña en valor a nosa lingua, na cal no caso da nosa clase é a lingua habitual de todos, e facernolo chegar.


A nivel académico, a celebración pasa a ser o vindeiro 31 de Outubro, debido ao contexto no que nos atopamos.