sábado, 16 de mayo de 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Mañá celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e dende aquí adxuntamos o link da biblioteca do noso centro cun libro dos Bolechas sobre Ricardo Carvalho Calero , autor homenaxeado neste ano, ademais dun interesante xogo...






https://biblosalvador.blogspot.com/2020/05/17-de-maio-dia-das-letras-galegas.html?m=1

XOGOS TRADICIONAIS GALEGOS PARA TEMPOS DE RECOLLIDA


Adxuntamos un enlace acerca de diferentes xogos tradicionais galegos para todos aqueles que teñan interese neles.

http://xogos-tradicionais-corentena.weebly.com/



jueves, 14 de mayo de 2020

VÍDEOS SOCIAIS - SECTORES DE ACTIVIDADE


Adxúntanse vídeos sinxelos dos tres sectores de actividade para completar o que enviamos previamente, para aqueles que o consideren:


SECTOR PRIMARIO

https://www.youtube.com/watch?v=INY7f3T3v1w



SECTOR SECUNDARIO


https://www.youtube.com/watch?v=bndRw2TMtmQ



SECTOR TERCIARIO

https://www.youtube.com/watch?v=ufk9Y3hjFws


Os vídeos están neste caso en castelán e a maiores ao rematar cada un deles, pódense ver vídeos máis detallados ao rematar cada un deles.

martes, 12 de mayo de 2020

DÍAS DAS LETRAS GALEGAS



Este domingo, día 17 de MAIO, correspóndese co tradicional DÍA DAS LETRAS GALEGAS, no que se pon en valor a nosa lingua, as nosas costumes, as tradicións dos galegos e como non, aspectos de carácter social e cultural, é dicir a celebración do noso papel como galegos, do cal debemos estar máis que orgullosos.

É unha celebración instituida en 1963 pola Real Academia Galega para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en idioma galego ou polo seu defensa de devandita lingua. Cada ano dedícase a unha personalidade diferente, escollida pola Real Academia Galega, tendo en conta que se esixen polo menos dez anos desde o seu falecemento. 

A data de celebración deste evento, o 17 de maio, débese a que en tal día como ese, en 1863, publicouse en Vigo o primeiro exemplar da obra Cantares galegos, de Rosalía de Castro, que marcaría o inicio do "Rexurdimento" ou renacimiento cultural do galego. É festivo en Galicia.



Deste xeito, todo aquel que queira dun xeito voluntario pode facer un pequeno debuxo ou texto no que poña en valor a nosa lingua, na cal no caso da nosa clase é a lingua habitual de todos, e facernolo chegar.


A nivel académico, a celebración pasa a ser o vindeiro 31 de Outubro, debido ao contexto no que nos atopamos. 

martes, 5 de mayo de 2020

RELACIÓN DE TODO O MATERIAL A IMPRIMIR

Adxúntase a relación conxunta de todo o material a imprimir:

MATEMÁTICAS:


MATEMÁTICAS REPASO 1 AL 10


LENGUA:

LENGUA REPASO


SOCIAIS:

SOCIAIS T7 E 8



SOCIAIS - RESUMO CONTIDOS TEMAS 7 E 8


En SOCIAIS non imos ver de momento os contidos relacionados co tema 6, que son acerca dos conceptos de localidade e do concello, así como dos diferentes tipos de localidades e servizos municipais , á espera de poder facelo nun contexto máis práctico cunha visita ao Concello, de non poder ser neste curso, no seguinte.

Adxúntase un resumo dos contidos mínimos dos temas 7 e 8:

-A poboación activa e inactiva.
-A clasificación dos traballos.
-O sector primario, o sector secundario e o sector terciario.

Así, unha vez que se vaian vendo e entendendo os diferentes contidos, que están explicados dun xeito moi sinxelo, deben ir facendo un pequeno texto no caderno de LINGUA, cunha actividade de cada un dos sectores, onde expliquen como se traballa nela e as súas características brevemente.

(Aparece reflexado na temporalización)

Deste xeito, aproveitamos para traballar de forma conxunta SOCIAIS e LINGUA.


Unha vez que coñezan brevemente as características de cada un dos sectores, deberán facer un pequeno texto coas súas características no caderno de SOCIAIS.

SOCIAIS TEMAS 7 E 8

LENGUA - ACTIVIDADES REPASO


Se presenta un dossier de actividades de repaso de Lengua, dividido en dos partes:

-Una primera parte con actividades genéricas de refuerzo con contenidos sencillos.

-Una segunda parte con actividades de ampliación para repasar contenidos relacionados con la expresión escrita y la comprensión lectora.


LENGUA - ACTIVIDADES REPASO

MATEMÁTICAS - ACTIVIDADES DE REPASO


Se envía un dossier con actividades de repaso acerca de :

-Los números con tres, cuatro y cinco cifras.
-La suma, la resta y la multiplicación.

Incluye un ejercicio con tablas de multiplicar en la que aparece la tabla del 10, que es muy sencilla de memorizar, añadiendo únicamente un 0 al número por el que multiplicamos.
Aprende aquí la tabla del 10 en Tablasdemultiplicar.com
-La división.
-Las fracciones.
-Las operaciones con decimales.

MATEMÁTICAS REPASO, 1 AL 10

TEMPORALIZACIÓN DO 7 AO 29 DE MAIO (envíase en galego)


TEMPORALIZACIÓN DO 7 AO 29 DE MAIO (envíase en galego)

DENDE O 7 DE MAIO AO 15 DE MAIO
MATEMÁTICAS:
-Desenvolvemento progresivo das actividades de repaso (Inclúe dende o tema 1 ao 10)
-De xeito voluntario, continuar co dossier de problemas entregado o 13 de Marzo.

LENGUA:
-Desenvolvemento progresivo do dossier de actividades de repaso enviado.

SOCIAIS:
-Lectura do resumo enviado dos contidos correspondentes ao tema 7 (A poboación, a clasificación dos traballos e as tarefas do sector primario)

LINGUA:
-Elaboración no caderno de Lingua dun pequeno texto acerca dunha actividade que se realiza no sector primario.

SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO
MATEMÁTICAS:
-Desenvolvemento progresivo das actividades de repaso (Inclúe dende o tema 1 ao 10)
-De xeito voluntario, continuar co dossier de problemas entregado o 13 de Marzo.

LENGUA:
-Desenvolvemento progresivo do dossier de actividades de repaso enviado.

SOCIAIS:
-Lectura do resumo enviado dos contidos correspondentes ao tema 8 (As tarefas do sector secundario e as tarefas do sector terciario)

LINGUA:
-Elaboración no caderno de Lingua dun pequeno texto acerca dunha actividade que se realiza no sector secundario.

SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO
MATEMÁTICAS:
-Desenvolvemento progresivo das actividades de repaso (Inclúe dende o tema 1 ao 10)

LENGUA:
-Desenvolvemento progresivo do dossier de actividades de repaso enviado.

SOCIAIS:
-Elaboración no caderno dun pequeño texto no que indiquen de forma moi breve as características do sector primario, sector secundario e sector terciario.

LINGUA:
-Elaboración no caderno de Lingua dun pequeno texto acerca dunha actividade que se realiza no sector terciario.