viernes, 27 de marzo de 2020

NOTA MOI IMPORTANTE


Boas,


Gustaríame destacar en relación a este contexto que estamos a vivir, un momento de complexidade e de dificultades no cal debemos estar á altura do que require a situación, polo que o máis importante é o noso estado de saúde, de ánimo e de forza, xa que a partires diso vai todo o demais, o cal agora é pouco significante.


Polo tanto que ninguén se preocupe en relación aos contidos que enviamos de maneira progresiva, xa que cada persoa somos un mundo e reaccionamos ante as situacións dun xeito diferente.  Así, que ninguén se sinta agobiado ou preocupado polo ámbito académico e que vaia facendo as cousas na medida do posible, sen ningunha presión nin nada semellante. Non é o momento de ter horarios ou contidos pechados, senón cada un debe marcar os seus momentos.

Deste xeito ata o vindeiro día 14 de Abril, trala Semana Santa, a nivel curricular non se enviará máis material, aínda que se poden mandar algunhas cuestións a nivel lúdico para axudar no que poidamos nestes días.


Remato engadindo que estou a vosa disposición no mail jesus.vazquez@edu.xunta.es (en minúsculas e sen tildes) e se alguén o precisa tamén podemos falar vía telefónica, pedíndome o teléfono a través do mail.

MOITO ÁNIMO A TODOS E ADIANTE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario