jueves, 16 de abril de 2020

NOTA MOI IMPORTANTE

Tal e como volo recalquei cando falamos a semana pasada, o importante agora e a prioridade absoluta é a vosa saúde, a das familias e a dos nenos,  polo que ninguén se sinta obrigado a facer as tarefas ou a pecharse a unhas datas concretas.

O importante é sair adiante desta situación e agora mesmo, evidentemente a prioridade é a saúde e o benestar persoal e familiar.

Todo aquel que teña calquera dúbida  ou algunha necesidade que se poña en contacto comigo, é o momento de estarmos todos máis unidos que nunca.

Un abrazo forte para todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario