martes, 5 de mayo de 2020

SOCIAIS - RESUMO CONTIDOS TEMAS 7 E 8


En SOCIAIS non imos ver de momento os contidos relacionados co tema 6, que son acerca dos conceptos de localidade e do concello, así como dos diferentes tipos de localidades e servizos municipais , á espera de poder facelo nun contexto máis práctico cunha visita ao Concello, de non poder ser neste curso, no seguinte.

Adxúntase un resumo dos contidos mínimos dos temas 7 e 8:

-A poboación activa e inactiva.
-A clasificación dos traballos.
-O sector primario, o sector secundario e o sector terciario.

Así, unha vez que se vaian vendo e entendendo os diferentes contidos, que están explicados dun xeito moi sinxelo, deben ir facendo un pequeno texto no caderno de LINGUA, cunha actividade de cada un dos sectores, onde expliquen como se traballa nela e as súas características brevemente.

(Aparece reflexado na temporalización)

Deste xeito, aproveitamos para traballar de forma conxunta SOCIAIS e LINGUA.


Unha vez que coñezan brevemente as características de cada un dos sectores, deberán facer un pequeno texto coas súas características no caderno de SOCIAIS.

SOCIAIS TEMAS 7 E 8

No hay comentarios:

Publicar un comentario